Amores Prohibidos

Novas co tag asi-se-fixo

Amores Prohibidos 2.0. Que estivemos facendo ata agora?

0 comentarios

Se non tiveches oportunidade de seguir Amores Prohibidos dende o comezo, non te preocupes: os rapaces de A Cachada cóntanche como chegamos ata aquí, e que estivemos a facer en todas estas semanas de xuntanzas, ensaios e traballo en equipo.

Cachatronic informa: Amores Prohibidos 2.0

0 comentarios

O servizo de informativos do IES A Cachada ofrécenos unha nova entrega de Cachatronic informa con todas as novidades sobre Amores Prohibidos 2.0. Hoxe, todos os detalles sobre o reparto do proxecto e prácticas en redes sociais. Ademais, non perdades as declaracións María Yáñez e Xesús Ron, membros do equipo do proxecto. E, sobre todo, non esquezades seguirnos na Rede entre o 23 e o 27 de abril.

Traballando coas redes sociais

0 comentarios

Logo de varias semanas traballando cos rapaces para decidir quen lle porá cara a cada personaxe, pasamos a unha nova etapa, que supón por un pé en territorio descoñecido: contar unha historia a través das redes sociais.

Por este motivo, dedicámoslle unha xornada ao Facebook, o Twitter, o Tuenti, o Youtube e demais redes sociais polo xeral proscritas nos centros educativos, e especialmente a como se poden empregar para contar unha historia a través de diferentes perfiles e "voces". Como era de esperar, os participantes coñecían de sobra todas estas novas ferramentas de traballo.

Informativo edición especial: todo sobre Amores Prohibidos 2.0

0 comentarios

Lois e Natalia, alumnos do IES A Cachada de Boiro, ofrécennos este informativo especial sobre Amores Prohibidos 2.0, o proxecto no que o instituto no que estudan está a traballar con nós. Edición, gravación, interpretación e guión a cargo dos propios rapaces, que non deixan de sorprendernos.