Amores Prohibidos

Novas co tag asi-se-fixo

Unha escena real?

3 comentarios

Resúltache familiar esta escena? Pensas que podería acontecer nun instituto calquera de Galicia?

En realidade é o primeiro ensaio dunha das escenas que abrirá Amores Prohibidos 2.0, o momento no que Xiana chama a participar nunha festa a favor do galego e recibe as críticas dun grupo de alumnos castelánfalantes do seu instituto.

Mándasnos a túa opinión ao respecto?

 

Na procura de Ana

0 comentarios

Ana, outro dos personaxes de Amores Prohibidos 2.0 aos que lles estivemos a poñer cara estes días, é a mellor amiga de Xiana.  Coma ela, é defensora da lingua e da cultura galegas, aínda que a diferenza dela xa non estudia no instituto, senón que está a facer o primeiro curso de carreira en Santiago.

O pasado mércores, no IES a Cachada, pedímoslles a Irene e a Sara, dúas das rapazas que participarán no proxecto, que contestasen a unha serie de preguntas coma se fosen Ana, e agora ensinamos os vídeos que gravamos para que digades cal das dúas vos convence máis.

Esta é a versión de Sara:

 

E esta é a proposta de Irene:

Buscando Baldos e Rosis

0 comentarios

Seguimos na procura de caras para dous dos personaxes de Amores Prohibidos 2.0: Baldo e Rosi, e a decisión non está sendo doada de tomar. Queredes saber por que? Pois botádelle un ollo aos vídeos e comprobade o talento dos candidatos.

Nesta primeira montaxe podedes ver os candidatos para interpretar a Baldo, o mellor amigo de Xiana, galeguista e un tanto violento cando se quenta. Polo demais, que aspecto ten? Onde vive? Que fai no seu tempo libre? Cal vos cadra mellor?

 

Se seleccionar Baldos non é fácil, decidir a cara que terá Rosi non está a ser mellor. Rosi é a moza oficial de Romero, defensora acérrima do castelán, ciumenta, posesiva e pouco disposta a deixar escapar á súa parella. Pero con que armas conta para impedilo?

Xianas (e Romeros)

0 comentarios

A última vez que nos xuntamos cos rapaces que van participar en Amores Prohibidos estivemos a traballar na improvisación. A idea era que os participantes aprendesen a enfrontarse a unha cámara (ou a un escenario), pero tamén aproveitamos para investigar sobre como poderían ser Xiana e máis Romero, os protagonistas da nosa historia. Vivirían en Cabo de Cruz, en Boiro ou noutro lugar dos arredores? Son tímidos? Extrovertidos? Que fan no seu tempo libre? Como prepararían unha festa?

De entre todos os alumnos que participaron, escollimos un par de fotografías que poderían parecerse a Xiana. Como é o personaxe na túa cabeza? Pensas que podería parecerse a ela?

 

Ou paréceche que podería ser máis parecida a ela?

 

Axúdanos a construír o relato! Agardamos os teus comentarios!