Como seguir (e participar) Amores Prohibidos 2.0
Xa en nada botamos a andar Amores Prohibidos, este experimento teatral no que levamos traballando meses e co que trataremos de contar unha historia a través das redes sociais, así que nada máis apropiado que escribir un post no que por fin aclaremos como seguirnos e, igual de importante, como participar.
Para comezar, as datas. A historia contarase entre o 23 e o 27 de abril en tempo real. Isto quere dicir que os personaxes contarán cousas ao longo de todo o día, segundo lles vaian sucedendo. De todos os xeitos, se non es quen de pasar as 24 horas diante do ordenador (quen pode?) non te preocupes, poderás seguir a historia a través de redenasa.tv, grazas ao noso amigo Xespir que agora se meteu a Community Manager.
Para seguir, os xeitos de seguirnos e de falarnos. Esta historia non só é nosa senón tamén túa. Por favor, intervén na trama, participa, dinos que che parece!
Como?
Podes seguirnos (e falarnos, aínda que non estarás a intervir directamente no relato):
-A través do web http://redenasa.tv
-A través da conta de Facebook: www.facebook.com/redenasa
-A través do usuario de Twitter: @redenasa
-Buscando no Tuenti ao usuario Xespir
Podes participar na conversa e enviar material:
-Deixando comentarios no microsite dedicado ao proxecto a través de http://redenasa.tv
-Engadíndolle o hashtag #amoresprohibidos20 ás mensaxes de Twitter dirixidas ao proxecto.
Esperámoste nas redes!