Diario de Xespir. Dia 1º
E a roda do destino boutou a andar implacable e caprichosa.
Pouco podía sospeitar Xiana todo o que lle ía pasar no día de onte. Un día coma outro se non fose porque cumpría 15 e todo o mundo se sumou aos parabéns. Un día coma outro se non fose por unha festa que ela mesma organizaba e na que todos participaban. E non só do insti da Cachada, pois tamén doutros lugares se sumaron á iniciativa.
E nada indicaba que Romero pensase en asistir a tal evento. Nin el nin os seus máis achegados.
Pero así foi indo o día: entre preparativos e polémicas. Ata chegar a hora en que a festa pola lingua ía xuntar a auga co aceite. O momento en que a celebración chea de sorpresas e detalles ía deixar paso ao capricho do inevitable disfrazado de casualidade. O encontro inesperado.
En fin, un día coma outro se non fose porque o remate da xornada se prolongou ata ben entrada a madrugada. E se non, velaquí a proba de que a roda non fixo senon empezar as súas voltas.
E agora, descansadas as cabezas, collede folgos porque hoxe é outro día.
Xespir