Amores Prohibidos

Traballando coas redes sociais

0 comentarios

Logo de varias semanas traballando cos rapaces para decidir quen lle porá cara a cada personaxe, pasamos a unha nova etapa, que supón por un pé en territorio descoñecido: contar unha historia a través das redes sociais.

Por este motivo, dedicámoslle unha xornada ao Facebook, o Twitter, o Tuenti, o Youtube e demais redes sociais polo xeral proscritas nos centros educativos, e especialmente a como se poden empregar para contar unha historia a través de diferentes perfiles e "voces". Como era de esperar, os participantes coñecían de sobra todas estas novas ferramentas de traballo.

Comentarios

Esta nova non ten ningún comentario.

Engade o teu comentario