Diario de Xespir. Día 4º
Xoves.
Día de zozobra. Con Romero fóra de circulación e Xiana desaparecida, os secundarios toman a escena. Baldo poñendo en marcha o motor de busca; Mejuto no seu papel de axitador; Rossi, espectadora de escepción e instigadora de rancores, fiel a si mesma; e a Garda Civil facendo o seu traballo.
Pero nunca choveu que non escampara. Por fin Romero consegue conectarse e, enterado da situación polo mail que Xiana lle enviara, deixa un video-documento que fai que todo se estremeza. E consegue o imposible: que os inimigos se unan. Xuntos continuarán a busca de Xiana e farán que a dirección do centro se plantexe a readmisión de Romero.
Pola súa parte Ana, desde Santiago, iranos informando da súa peripecia, acompañada dunha amiga, na procura de Romero. Pouco tardará en descubrirse que esa amiga é... Xiana! Por fin sabemos dela. Sen embargo, o percorrido das dúas por bares, pubs e discotecas acaba nun gran susto que, afortunadamente, tén final feliz.
Con Xiana e Romero de volta, volverá a normalidade? Veremos como a paz se impón despois da guerra? Será este o principio dunha gran amizade entre todos?
Todo isto e moito máis... na última xornada.
Xespir